1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e as nosas fillas; da nosa actitude dependerá en boa parte o seu futuro.
2. Pola necesidade de estar xuntos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a ensinanza pública.
3. Porque un movemento de pais e nais xuntos fan que as nosas iniciativas e peticións sexan vistas con máis respecto polo profesorado e as administracións públicas.
6. Porque se os pais e nais non somos capaces de mobilizarnos pola educación dos nosos fillos......Por quen o faremos?
7. Porque se as nais e pais non somos activos e participativos.. Cómo explicar as nosas fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
8. Porque para realizar a formación activa de pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
9. Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas.