8.9.10

10 razóns para afiliarse a unha ANPA

1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e as nosas fillas; da nosa actitude dependerá en boa parte o seu futuro.

2. Pola necesidade de estar xuntos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a ensinanza pública.

3. Porque un movemento de pais e nais xuntos fan que as nosas iniciativas e peticións sexan vistas con máis respecto polo profesorado e as administracións públicas.

4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida escolar do centro.

5. Pola importancia de “levar” aos Consellos Escolares as iniciativas de nais e pais para defender os intereses de todos.

6. Porque se os pais e nais non somos capaces de mobilizarnos pola educación dos nosos fillos......Por quen o faremos?

7. Porque se as nais e pais non somos activos e participativos.. Cómo explicar as nosas fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?

8. Porque para realizar a formación activa de pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.

9. Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.

10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas.

Sem comentários: